otros eventos OURENSE - Ourense

Retos do século XXI: resistencia ambiental e innovación docente

El único acceso al local es a través de escaleras. Lamentamos las molestias.
O único acceso ao local é a través de escaleiras. Lamentamos as molestias.
mar 19 may Apertura de puertas: 17:30:00
evento desde las 18:00:00 a las 21:00:00
Café & Pop Torgal, Calle Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Sótano
32004, Ourense
Desde o estudo de solucións ambientais e da saúde no noso solo ata a transformación do modelo educativo na era dixital, estas charlas exploran como a investigación de vangarda impulsa un futuro máis sostible e mellor conectado.

O solo e a resistencia aos antibióticos

Vanesa Santás Miguel (Ponente)
Baixo os nosos pés hai un universo invisible cheo de vida. Os microorganismos do solo non só sosteñen os ecosistemas, senón que tamén inflúen na saúde global. Nesta charla descubriremos como o solo participa na aparición e propagación da resistencia aos antibióticos, un dos grandes desafíos actuais, e que solucións se están a investigar desde a microbioloxía do solo.
...

Titorizar a Formación Dual na era dixital

Manuela Raposo Rivas (Ponente)
A Formación Dual está en expansión na universidade española, pero implica coordinar o ámbito académico e o profesional. Analizaremos as condicións e como se titorizan estas prácticas. Teñen presenza ferramentas como os ePortafolios, as eRúbricas ou as videoanotacións para mellorar o seguimento, a comunicación e a avaliación?, que riscos e oportunidades xorden ante o impacto da intelixencia artificial? estamos preparados para asumir os novos retos?
...
Map data © OpenStreetMap contributors.

otros eventos Café & Pop Torgal

2026-05-18 Ciencia para un futuro sostible: da terra á mesa Café & Pop Torgal Calle Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Sótano 32004, Ourense, España
2026-05-20 Alimentando o futuro: do mar á tradición Café & Pop Torgal Calle Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Sótano 32004, Ourense, España