© Pint of Science, 2026. All rights reserved.
Unha mirada profunda aos retos ambientais e de saúde que definen o noso tempo. Nesta sesión exploraremos como a ciencia busca solucións innovadoras dende a base: dende o uso de insectos como fonte de alimentación sostible e bioprodutos, ata a loita contra a resistencia aos antibióticos presente no noso solo. Dúas investigacións fundamentais para entender o equilibrio entre a saúde humana e a do planeta.
Insectos comestibles: a proteína do futuro?
Nuno Muñoz Seijas
(Ponente)
Os insectos comestibles están a gañar protagonismo como alternativa sostible ás proteínas tradicionais. Por que interesan tanto? Que vantaxes teñen e que frea o seu consumo? Nesta charla exploraremos o seu potencial dentro dos retos actuais da alimentación. Ademais, presentaremos a nosa investigación, onde transformamos insectos en produtos de valor engadido como proteínas, quitina, encimas ou mesmo biofilms.
Mitos misóxinos na manosfera dixital
Sabela Pérez Martín
(Ponente)
Que é a manosfera e por que ten tanto impacto nas redes sociais? Nesta charla analizaremos este fenómeno, xurdido como reacción ao feminismo, e desentrañaremos algúns dos mitos e bulos que difunde. Unha oportunidade para entender como se constrúen estes discursos e aprender a detectalos cunha mirada crítica.
Map data © OpenStreetMap contributors.
otros eventos Café & Pop Torgal
2026-05-20
Alimentando o futuro: do mar á tradición
Café & Pop Torgal
Calle Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Sótano 32004, Ourense, España
2026-05-19
Retos do século XXI: resistencia ambiental e innovación docente
Café & Pop Torgal
Calle Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Sótano 32004, Ourense, España