© Pint of Science, 2026. All rights reserved.
Nesta sesión exploraremos o potencial transformador de dous piares fundamentais da nosa contorna: o mar e as raíces culturais. Dende o aproveitamento das algas como superalimentos sostibles ata a posta en valor dos produtos tradicionais que definen a nosa identidade, analizaremos como o que comemos hoxe pode protexer a nosa saúde e a biodiversidade do mañá. Unha viaxe entre a innovación mariña e a sabedoría local para descubrir unha alimentación máis consciente e conectada co territorio.
Algas: da area ao prato
Adela Alvaredo López-Vizcaíno
(Ponente)
As algas que vemos na praia poden ser moito máis que parte da paisaxe. Nesta charla exploraremos como algunhas especies poden transformarse, mediante procesos sostibles, en ingredientes alimentarios con alto valor nutricional. Falaremos dos seus beneficios para a saúde e do seu papel nunha alimentación máis sostible, conectando o mar co noso día a día.
Imagen de Vilkasss en Pixabay
O valor dos alimentos tradicionais
María García Martí
(Ponente)
Os alimentos tradicionais son moito máis que receitas: son cultura, saúde e sostibilidade. Nesta charla descubriremos por que o seu consumo se asocia a dietas máis equilibradas e como a súa produción local contribúe a reducir o impacto ambiental. Recuperalos non só protexe a biodiversidade, senón que tamén apoia as economías rurais e nos conecta co noso pasado.
Imagen de tarasyasinski en Pixabay
Map data © OpenStreetMap contributors.
otros eventos Café & Pop Torgal
2026-05-18
Ciencia para un futuro sostible: da terra á mesa
Café & Pop Torgal
Calle Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Sótano 32004, Ourense, España
2026-05-19
Retos do século XXI: resistencia ambiental e innovación docente
Café & Pop Torgal
Calle Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Sótano 32004, Ourense, España