otros eventos Ferrol

Un mar de cambios

Eventos pasados - 2024
mié 15 may 20:00 - 22:00
Quinze, Rúa Real, 69
15402, Ferrol
As charlas desta sesión teñen o seu foco común nos océanos. Falarase do transporte marítimo e o seu impacto na biodiversidade nos ecosistemas locais e tamén de construción naval e como a chegada do Astillero 5.0 e a transformación dixital están introducindo novas realidades no día a día do deseño e construción dun buque.

Como construír un barco sen soldar?

Ana Álvarez García (Grupo PROTERM - Propiedades Térmicas e Reolóxicas dos Materiais (CITENI - Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais).)
Cando pensamos en como construír un barco grande de aceiro, o primeiro que se nos vén á mente é que terá que empregar soldadura. Si, isto é así… por agora!
Con todo, no estaleiro intelixente, seguirá sendo igual? Ou haberá que pensar nalgo intelixente e fácil? Nesta charla introducireivos no apaixoante mundo dos adhesivos.
...

Mercadorías nos mares globais, un inferno local

Mariola López Morado (Grupo GII - Grupo Integrado de Enxeñería (CITENI - Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais))
Os fluxos de mercadorías globais por terra, mar e aire, propiciados por un sistema de produción e consumo globalizado, producen grandes impactos locais. Un deles é a contaminación mariña e a perda de biodiversidade. As costas galegas son testemuñas disto, tendo a maior concentración de naufraxios do mundo. Que facemos con todo isto?
...
Map data © OpenStreetMap contributors.