© Pint of Science, 2026. All rights reserved.
Prepárate para unha tarde de "arqueoloxía" mental e física. Buscaremos fórmulas matemáticas perdidas coma se fósemos Indiana Jones, reflexionaremos sobre a saúde mental de quen nos coida (que boa falta fai!) e aprenderemos a mirar o peixe do noso prato con outros ollos. De onde vén o que comemos e como estamos por dentro? Ven e descubrímolo!
En busca da álxebra perdida
Ana Belén Rodríguez
(Universidade de Santiago)
En matemáticas, igual que na arqueoloxía, ás veces debemos reconstruír os obxectos a partir dos restos invariantes. Comezaremos cun duelo no século XIX, veremos nacer os grupos e falaremos de leis de conservación.
A saúde mental, tan presente e tan esquecida
Lorena Acea
(SERGAS // Universidade da Coruña)
Entre 2019 e 2023, varios estudos amosaron que a maioría do persoal de enfermaría tiña contratos temporais e altas taxas de burnout e fatiga emocional. A pandemia agravou isto, amosando a escaseza de profesionais. A sociedade deuse conta de que precisabamos máis atención e coidado para os que nos coidan, pero... estanse cubrindo realmente as necesidades? Houbo cambios reais na cobertura sanitaria?
Do mar ó prato, sabes de onde procede o peixe que comes?
Lucía Santiago
(Universidade da Coruña)
Descubriremos de onde veñen realmente os peixes que chegan ao noso prato mediante un xogo, coñeceremos as artes de pesca e o esforzo dos mariñeiros para fomentar un consumo máis consciente.
Map data © OpenStreetMap contributors.