© Pint of Science, 2025. All rights reserved.
A sesión de hoxe vai do poder dos datos para toma de decisións e a mellora de procesos. Falaremos da crise enerxética e a investigación de novos materiais que teñen o potencial de mellorar as placas solares. Falaremos tamén de como poden mellorar os procesos a través da análise de datos e a estatística.
Os fotóns son caros
Jesika Asatryan
(Grupo de Polímeros do CITENI (Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais).)
Facer un doutorado en Física aplicada resulta máis divertido do que pensades.
Estou traballando en mellorar as placas solares orgánicas para combater a crise enerxética. Acompañádeme nesta historia de longas noites en sincrotóns onde, ademais de obter resultados imprescindibles para a investigación dos materiais poliméricos (que se usan en electrónica orgánica), escoitaredes algunas anécdotas e aventuras que non vos van deixar indiferentes.

Máis que números e cervexas: a maxia dos datos!
Salvador Naya Fernández
(Grupo MODES - Modelización, Optimización e Inferencia Estatística (CITIC - Centro de investigación TIC) da Universidade da Coruña.)
A charla aborda a importancia da cervexa no desenvolvemento de métodos estatísticos, como os de Gosset na empresa Guinness, e o poder dos datos na xestión cervexeira. Destácase o papel pioneiro de Guinnes na aplicación de estatísticas para garantir a calidade da cervexa. Ademais, resalta como a análise de datos revolucionou a industria cervexeira en aspectos como a produción, distribución e preferencias do consumidor. A charla ofrece unha perspectiva sobre a intersección entre a cervexa, a estatística e a xestión basada en datos.
Map data © OpenStreetMap contributors.