© Pint of Science, 2026. All rights reserved.
PintKids ofrecerá varias estacións científicas por idades con xogos e experimentos prácticos, desde actividades de psicomotricidade ata observación de células ao microscopio. A continuación, celebraranse dúas charlas divulgativas: unha centrada no envellecemento, abordando como a investigación permite comprender e modular este proceso mediante novas técnicas; e outra sobre o aproveitamento de residuos, explorando como a ciencia e a tecnoloxía transforman plásticos e outros materiais en recursos de valor dentro dun modelo de economía circular e sostible.
Transformar residuos para facer bioplásticos
Mª del Carmen Veiga Barbazán
(Universidade da Coruña)
Vivimos rodeados de plástico e xeramos residuos cada día, pero… e se ambos os problemas formasen parte da solución? Nesta charla exploraremos como diferentes tecnoloxías permiten transformar residuos en bioplásticos e outros compostos de valor. Falaremos de procesos científicos reais, de economía circular e de como a investigación pode axudarnos a producir materiais máis sostibles. Unha historia de innovación, tecnoloxía e futuro que comeza en algo tan cotián como o que tiramos ao lixo.
Reprogramando el envejecimiento
Manuel Collado Rodríguez
(Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas)
El envejecimiento, ese declive funcional que todos experimentamos con el paso del tiempo, no es un proceso inevitable ni ajeno a la investigación biomédica. Podemos entender cómo envejecemos y podemos tratar de frenar o paliar los efectos sobre nuestro organismo. En los últimos años ha surgido una nueva posibilidad que promete ser capaz de “reprogramar” nuestras células para retrasar el reloj biológico y devolver la juventud a nuestros tejidos.
Map data © OpenStreetMap contributors.
otros eventos O Novo Faro
2026-05-19
Descifrando o pasado
O Novo Faro
C. Inxerido, 1 15280, A CORUÑA - Brión, España
2026-05-18
Pint KIDS x Brión
O Novo Faro
C. Inxerido, 1 15280, A CORUÑA - Brión, España