© Pint of Science, 2026. All rights reserved.
A xornada reunirá tres charlas que conectan ciencia, territorio e historia desde diferentes enfoques. Na primeira, abordarase a conservación e mellora de diferentes cultivos, así como a selección de especies forestais a través da biotecnoloxía vexetal. A continuación, analizarase o eucalipto en Galicia como exemplo dun debate complexo entre ciencia, política e sociedade, reflexionando o concepto de especie invasora. Finalmente, cuestionarase a idea da Alta Idade Media como “Idade Escura”, ofrecendo unha visión renovada a través da arqueoloxía sobre a Galicia costeira nese período.
Biotecnoloxía vexetal: do laboratorio ao campo
Lara Gómez Brandón
(Cultigar. Fundación Paideia Galiza)
Traballo en Cultigar, un laboratorio de biotecnoloxía vexetal. Participo no Grupo Operativo Oliveiras de Galicia, cuxo obxectivo é multiplicar a gran escala 11 variedades de olivo autóctono. Para elo, é necesario establecer un protocolo de cultivo in vitro para cada unha desas variedades. Tamén estou nun programa de producción de pataca prebase libre de virus: aplicamos termoterapia, multiplicamos o material e producimos mini tubérculos en cultivo aeropónico. Ademais, colaboro na selección e mellora de xenotipos de carballo e bidueiro que destaquen pola calidade da súa madeira.
O eucalipto e os límites da ciencia das invasións
Diego Cidrás Fernández
(Universidade de Santiago de Compostela)
En 2017, o Concello de Teo iniciou un proceso para que o eucalipto fose declarado Especie Exótica Invasora. Tras un percorrido tenso por órganos administrativos e ministeriais, o caso acabou nos tribunais, xerando un conflito que desbordou a política e puxo en cuestión o papel da ciencia. Nun territorio coma o galego, onde o eucalipto domina cada vez máis superficie, a pregunta segue aberta: é realmente unha especie invasora? Nesta charla percorremos os camiños iniciados en Teo para discutir os límites da ciencia das invasións e imaxinar formas alternativas de pensar as especies invasoras.
Entre sardiñas e castelos na Idade Escura
Mario Ramos Soriano
(Universidade de Santiago de Compostela)
¿Algunha vez escoitaches que a Alta Idade Media é unha "Idade Escura"? Ista idea condúcenos a considerar o período como un momento de "crise e decadencia", do cal coñecemos moi poucas cousas. Porén, grazas á arqueoloxía sabemos que é unha idea errónea. Nesta charla achegarémonos a un mundo do cal aínda queda moito por coñecer, a través de exemplos que van dende a cotiandade á política no contexto da Galiza costeira altomedieval.
Map data © OpenStreetMap contributors.
otros eventos O Novo Faro
2026-05-19
Descifrando o pasado
O Novo Faro
C. Inxerido, 1 15280, A CORUÑA - Brión, España
2026-05-18
Pint KIDS x Brión
O Novo Faro
C. Inxerido, 1 15280, A CORUÑA - Brión, España