mar 19 may Apertura de puertas: 06:00:00
evento desde las 19:00:00 a las 20:30:00
O Novo Faro, C. Inxerido, 1
15280, A CORUÑA - Brión
A xornada contará con tres charlas divulgativas que exploran o pasado desde diferentes perspectivas. Descubrirase como os dentes permiten reconstruír a vida dos galegos do pasado a través de estudos arqueolóxicos e abordarase o uso do cabelo como mostra biolóxica para analizar a exposición a drogas e outras substancias ao longo do tempo. Tamén nos mergullaremos na paleontoloxía para amosar como estudar o cerebro e os órganos dos sentidos dun ornitomimosauro, achegándonos á súa bioloxía, evolución e comportamento.

A vida a través da morte

Clara Veiga Rilo (Universidade de Santiago de Compostela)
Os dentes son os únicos elementos esqueléticos do corpo humano expostos ao exterior, acumulando gran cantidade de información e converténdoos en pezas clave do estudo do pasado. A través do estudo químico e de patoloxía dental de cemiterios arqueolóxicos de Galicia (ss. IV-XVIII d.C.) podemos “coñecer” ós galegos que viviron antes ca nós: Que comían? Como era a infancia? Vivíase mellor no campo ou na cidade? Sempre tiveron os mesmos costumes? En definitiva, dar un paso adiante na comprensión da vida cotiá da Galicia do pasado.
...

El análisis de pelo en toxicología forense

Ángela López Rabuñal (Universidade de Santiago de Compostela)
El pelo puede utilizarse como una muestra biológica para estudiar la exposición a drogas y otras sustancias químicas a lo largo del tiempo. En esta charla se explicará, de forma divulgativa, cómo se analiza el pelo en toxicología forense y clínica, qué tipo de información puede aportar y en qué se diferencia de análisis más conocidos como los de sangre u orina. A través de ejemplos reales, se mostrará cómo esta herramienta ayuda a comprender consumos pasados y a apoyar decisiones en el ámbito de la salud y la justicia.
...

Que ten un dinosauro na cabeza?

Xairo Calvo Pérez (Museu da Lourinhã)
Hoxe en día, para saber como é o noso cerebro, só temos que ir ó médico e facernos un TAC. Pero imaxinade que, no canto dunha persoa, fóramos un dinosauro: poderiamos facelo? Pois si! Mais non nolo faría un médico, senón un paleontólogo; e de ir por unha doenza, chegariamos un pouco tarde... Isto lle pasou a Pelecanimimus, un ornitomimosauro atopado en Cuenca. No seu caso, o TAC chegou con 125 millóns de anos de atraso, pero dende logo que foi de utilidade, permitindo reconstruír parte do seu encéfalo e órganos dos sentidos, e realizar análises a nivel sensitivo, evolutivo e do comportamento.
...
Map data © OpenStreetMap contributors.

otros eventos O Novo Faro

2026-05-20 Ciencia con raíces O Novo Faro C. Inxerido, 1 15280, A CORUÑA - Brión, España
20 may
A CORUÑA - Brión
...

Ciencia con raíces

D3
2026-05-18 Pint KIDS x Brión O Novo Faro C. Inxerido, 1 15280, A CORUÑA - Brión, España
18 may
A CORUÑA - Brión
...

Pint KIDS x Brión

PintKIDS web