© Pint of Science, 2026. All rights reserved.
Arrancamos a 1ª edición de Pint of Science en Palas de Rei!! Unha viaxe pola ciencia que nos afecta de preto: dende virus que poden combater superbacterias ou a curiosa ausencia de selenio en Galicia e o seu impacto na saúde, ata entender por que os ríos non seguen os nosos plans e que iso di da nosa relación coa natureza. Vémonos no Zendoira a partir das 19.30h!
“Virus bos” fronte ás superbacterias
Isidro García Meniño
(Universidade de Santiago de Compostela)
A terapia fágica utiliza uns virus (bacteriófagos) que son depredadores naturais das bacterias, eliminándoas de forma específica, sen danar as bacterias beneficiosas do noso organismo. Esta estratexia preséntase como unha alternativa prometedora fronte a un problema sanitario emerxente a nivel mundial: o incremento das bacterias multirresistentes aos antibióticos (superbacterias). Pode ser unha terapia eficaz cando os antibióticos xa non funcionan e presenta distintas aplicacións (terapéutica, desinfección, conservación e métodos diagnósticos) que estamos a explorar desde o Campus Terra da USC.
Foto de CDC: https://www.pexels.com/es-es/foto/disparo-microscopico-de-un-virus-3992937/
Érase unha vez un oligoelemento perdido en Galicia
Marta I. Miranda Castañón
(Universidade de Santiago de Compostela)
En Galicia temos moitos tesouros… pero o selenio non é un deles. Por culpa dos nosos solos ácidos e graníticos, este micronutriente esencial lévase fatal co territorio: non entra nas plantas, non chega aos animais e tampouco a nós. Nesta charla exploraremos que implica vivir nunha terra pobre en selenio, como afecta ás vacas, ovellas, cabalos.... e ás persoas, e por que, paradoxalmente, as nosas mascotas que comen penso están moitas veces mellor suplementadas ca nós.
Foto de Flickr: https://www.pexels.com/es-es/foto/blanco-y-negro-textura-abstracto-aspero-153493/
Por que os ríos non nos obedecen?
Horacio García
(Universidade de Santiago de Compostela)
Os ríos non son infraestruturas nin canles obedientes, son sistemas vivos e dinámicos! Nesta charla falaremos de por que os ríos ignoran os nosos plans, mapas e formigon, e de como moitos problemas actuais (p.e., inundacións, procesos de erosión) non son "fallos" da natureza, senón dunha mala lectura da paisaxe fluvial. Aprender a ler un río axúdanos a anticipar riscos, planificar mellor o territorio e tomar decisións públicas máis xustas e eficaces.
Photo by Bob Krustev: https://www.pexels.com/photo/green-forest-between-gray-pathway-during-daytime-165580/
Map data © OpenStreetMap contributors.