© Pint of Science, 2025. All rights reserved.
Ao longo desta xornada exploraremos como o Homo Erectus iniciou a viaxe fóra de África e aprenderemos sobre a capacidade dos videoxogos para sensibilizar e concienciar sobre o colectivo LGTBI. Entender o noso pasado e afrontar os desafíos do presente, permitiranos forxar un futuro mellor. Anímate e acompáñanos nunha xornada de aprendizaxe e reflexión!
Homo erectus e a primeira migración fóra de África
Eduardo Méndez Quintas
(Uvigo)
A aparición de Homo erectus, fai uns 2 millóns de anos, supón un paso decisivo na evolución humana. Cunha fisionomía plenamente humana, este homínino ten a capacidade de saír por primeira vez fóra de África e expandirse por Eurasia. Neste longo proceso amosa unha capacidade de adaptación excelente, ocupando ecosistemas moi variados e diversificados. Asemade, desenvolve novas solucións tecnolóxicas, especialmente na fabricación de ferramentas de pedra, que favorecen o seu éxito e pervivencia sobre o planeta durante máis de 1 millón de anos.
Aprendizaje basado en juegos y colectivo LGTBI
Paula Rodríguez Rivera
(UVigo)
A aprendizaxe baseada en xogos é un enfoque educativo que utiliza os xogos como ferramentas de ensino e aprendizaxe para fomentar a participación activa, a motivación e o interese dos estudantes. Pero que pasaría se usamos os xogos para abordar un tema tan importante como a conciencia e a inclusión do colectivo LGTBI? A través desta charla, proponse utilizar un videoxogo narrativo para mostrar como se pode sensibilizar aos estudantes de educación superior sensibilizar e concienciar sobre as persoas do colectivo LGTBI.
Map data © OpenStreetMap contributors.
otros eventos Café & Pop Torgal
2024-05-15
Construímos un fogar seguro
Café & Pop Torgal
Calle Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Sótano 32004, Ourense, España