otros eventos A CORUÑA - Carballo

Neonatoloxía e biohidrometalurxia

mar 19 may Apertura de puertas: 19:00:00
evento desde las 19:30:00 a las 21:00:00
Cafetería Pazo da Cultura, Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n
15100, Carballo
O recoñecido nenonatólogo carballés Álex Ávila achégase ao Pint Carballo 2026 para falarnos do seu traballo, enfocado nunha enfermidade pulmonar que incide moito nos nenos prematuros.

Por outra banda, Alba Vilariño centra o seu traballo investigador na recuperación de metais claves no mundo actual existentes nos compoñentes electrónicos dos que dispoñemos.

Unha mina no teu peto

Alba Vilariño Porteiro (Investigadora CETIM)
Ao longo da charla, falarei sobre que son as materias primas críticas e/ou estratéxicas, por qué a súa extracción se converteu nun problema global e como se obteñen hoxe en día a partir da minería tradicional. A través de exemplos do noso día a día, veremos que os residuos electrónicos son auténticas “minas urbanas” e como a biohidrometalurxia, coa axuda de diferentes microorganismos, axudará a reciclar, recuperar e reutilizar estes metais claves para a transición enerxética, reducindo, na medida do posible, a necesidade de abrir novas minas.
...

Investigando o pulmón dos neonatos prematuros

Alejandro Ávila Álvarez (Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC))
Unha das secuelas mais importantes da prematuridade é o que denominamos Displasia Broncopulmonar, unha enfermidade pulmonar crónica moi característica dos nenos prematuros. Lamentablemente, non estamos sendo quen de disminuir a súa incidencia a pesar dos avances en neonatoloxía e unha das razóns é que non sabemos predecila axeitadamente. ¿Estará o segredo no ADN mitocondrial? ¿Ou nas proteínas presentes en sangue ao nacer? ¿Ou quizais nunhas poucas variables clínicas? Desde o noso grupo de investigación, estamos intentando respostar a estas e outras preguntas
...
Map data © OpenStreetMap contributors.