© Pint of Science, 2026. All rights reserved.
No primeiro día do Pint Carballo 2026 mesturamos a ciencia máis pura da man do investigador químico David Castro e o seu traballo na espectroscopía, mundo que nos permite ver, coa luz, cousas verdadeiramente impensables.
A Directora do Arquivo Histórico da USC Desirée Domínguez introduciranos no mundo da intelixencia artificial e como pode axudar a xestionar a cantidade tan grande de información dos arquivos históricos, como o que ela xestiona.
A Directora do Arquivo Histórico da USC Desirée Domínguez introduciranos no mundo da intelixencia artificial e como pode axudar a xestionar a cantidade tan grande de información dos arquivos históricos, como o que ela xestiona.
O que a luz conta do que non vemos
David Castro Reigía
(Universidad de Burgos)
Sabías que a luz pode dicirnos de que está feito un alimento sen abrilo nin probalo? A espectroscopía aproveita a interacción da luz coa materia para descubrir que hai dentro das cousas, incluso empregando luz que non vemos. Nesta charla veremos como cada alimento deixa a súa propia “pegada luminosa” e como estas técnicas permiten controlar procesos industriais, evitar erros e mellorar o que comemos. Falaremos, entre outras cousas, do que leva a túa consumición mentres a tomas. Ciencia cotiá, útil e contada con exemplos sinxelos.
Created with AI
Arquivos e arquiveir@s: que pintan na era da IA?
Désirée M° Domínguez Pallas
(Universidade de Santiago de Compostela)
Coa irrupción da IA, distintos sectores profesionais están a facer un traballo de estudo e reflexión do seu impacto analizando non só os riscos e problemas éticos que entraña senón tamén a transformación e as oportunidades de mellora que proporciona. Este repensar o que somos e facemos para afrontar os retos tecnolóxicos e situarnos profesionalmente cara o futuro, tamén se está a facer nos arquivos con cuestións sobre como debe adaptarse a profesión, que podemos aportar á nova administración algorítmica e de que modo podemos empregar esta tecnoloxía para ofrecer un mellor servizo público.
Created with AI
Map data © OpenStreetMap contributors.