otros eventos A CORUÑA - Ferrol

Entre as Ondas e o Lume Virtual

lun 18 may Apertura de puertas: 18:30:00
evento desde las 19:00:00 a las 09:00:00
Cuerda Floja, Espartero, 1
15403, Ferrol
Unha viaxe alucinante que nos leva dende a forza bruta do océano ata a precisión dos mundos virtuais. Comezaremos mergullándonos na tecnoloxía que nos permite sacar enerxía do mar e remataremos descubrindo como as matemáticas son capaces de "domar" o lume nun ordenador sen que ninguén se queime. ¡Ciencia de alto voltaxe e moita temperatura!

Eólica mariña

Pedro Manuel Fernandez (Universidade da Coruña)
Explicación da tecnoloxía da eólica mariña flotante e fixa no mundo, o seu desenvolvemento, vantaxes, desvantaxes e actualidade.
...

Matemáticas: da ecuación ao lume

Laura Saavedra (Universidade de Santiago)
Nesta charla falaremos de como as matemáticas e os ordenadores nos permiten estudar fenómenos caóticos como a combustión sen necesidade de reproducilos no mundo real. A combustión é un proceso complexo, turbulento e difícil de controlar. A través de simulacións numéricas, é posible “queimar” en contornas virtuais ou xemelgos dixitais, que son modelos matemáticos que nos axudan a entender, predicir e mellorar sistemas reais.
...
Map data © OpenStreetMap contributors.