© Pint of Science, 2026. All rights reserved.
Comezamos unha viaxe recoñecendo o galego falado en Vigo e a proxección internacional da marca Galicia. A través dunha análise das características lingüísticas propias do galego vigués e da súa situación sociolingüística actual, reflexionaremos sobre a vitalidade da lingua no ámbito local. Ao mesmo tempo, abordaremos o papel fundamental da tradución no comercio internacional, amosando como a adaptación lingüística e cultural resulta clave para impulsar a presenza dos produtos galegos nos mercados exteriores e fortalecer a marca Galicia no mundo.
O galego de Vigo e o galego en Vigo
Xosé Henrique Costas González
(iLingua, Universidade de Vigo)
Propoño describir lingüísticamente as características principais do galego falado en Vigo (trazos fonéticos, fonolóxicos, prosódicos, morfosintácticos e léxicos), e logo reflexionar sobre a vitalidade da lingua galega no concello de Vigo cos datos sociolingüísticos que coñecemos.
Creada con IA - GPT 5.4
De Galicia ao mundo: tradución e comercio
Ana Iglesias Pérez
(iLingua, Universidade de Vigo)
Cal é a relación entre o comercio internacional e a tradución? Dada a crecente presenza dos produtos galegos nos mercados exteriores, para transmitir a noción de calidade e promover a marca Galicia é fundamental adaptar lingüística e culturalmente as ofertas comerciais aos diferentes contextos internacionais. Nesta charla queremos amosar ao público cal é a situación da internacionalización do sector agroalimentario galego e ata que punto as empresas promocionan os seus produtos a través dun sitio web, que linguas son as máis empregadas e se se adaptan os contidos ao público receptor.
Creada con IA - nano banana Pro 2
Map data © OpenStreetMap contributors.
otros eventos Café de Catro a Catro
2026-05-19
Pint KIDS x Vigo
Café de Catro a Catro
R. de Gerona, 16, Freixeiro, 36211 Vigo, Pontevedra 36211, PONTEVEDRA - Vigo, España
2026-05-20
Entre oncogénesis y enfermedades lisosomáticas
Café de Catro a Catro
R. de Gerona, 16, Freixeiro, 36211 Vigo, Pontevedra 36211, PONTEVEDRA - Vigo, España