otros eventos Carballo

Día 3 Pint of Science Carballo

Eventos pasados - 2024
mié 15 may 19:00 - 21:00
Café Valle Inclán, Rúa Valle Inclán 34
15100, Carballo
O mércores 15 o festival trasládase á cafetería Valle-Inclán, con tres investigadoras carballesas:

María Andrade é doutora en Socioloxía pola UDC e máster en Planificación e Estratexias Territoriais na Sociedade Actual

Eva Souto é doutora en Dereito e profesora de Dereito Penal na Facultade de Dereito da UDC.

Verónica Bolón é enxeñeira informática, doutora en Informática pola UDC e profesora titular da universidade no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, así como investigadora no Centro de Investigación TIC (CITIC). 

E ti, buscas a autenticidade cando viaxas?

Maria Andrade Suárez (Universidade da Coruña)
¿Como nos achegamos dende as ciencias sociais a pensar sobre o turismo? Falaremos da construción social do patrimonio, das diferenzas que existen entre “poñer en valor” e “dar valor”. Reflexionaremos sobre a estreita e contraditoria relación entre cultura e turismo e debateremos sobre a autenticidade e a escenificación turística dos elementos patrimoniais. Tamén se tratará de responder, desde a perspectiva sociolóxica, a preguntas como: ¿existen diferenzas entre viaxeiros e turistas? Ou ¿por que a nova obsesión de “vivir como locais” as experiencias turísticas?
...

Avances e desafíos da intelixencia artificial

Verónica Bolón Canedo (Universidade da Coruña)
Nesta charla exploraremos os avances e desafíos da intelixencia artificial, desde a súa orixe nos anos 50 ata as aplicacións máis modernas na actualidade. Tamén consideraremos algúns dos desafíos éticos e sociais que expón a IA e como podemos abordalos para maximizar os seus beneficios e minimizar os seus riscos. Únete a nós para desentrañar os misterios da IA e aprender por que aínda non debemos temer aos nosos amigos robots!
...

Dereito penal e xénero: como se relacionan?

Eva María Souto García (Universidade da Coruña)
O concepto do "xénero", entendido como “rol social”, entrou no ordenamento xurídico internacional e nacional. O Dereito penal non é unha excepción, de forma que desde, significativamente, o ano 2004, déuselle un papel protagonista na redacción dos textos xurídico-penais nacionais. Así as cousas, na charla proposta tentarase dar resposta ás preguntas:¿ como se incorporou este concepto nesta rama do Dereito?. ¿Que cambios introduciu na lexislación penal española? ¿É necesaria a implementación da perspectiva de xénero no dereito penal?
...
Map data © OpenStreetMap contributors.