otros eventos Carballo

Dia 2 Pint of Science Carballo

Eventos pasados - 2024
mar 14 may 19:00 - 21:00
O Bodegón, Rúa Vázquez de Parga 68
15100, Carballo
O punto de encontro do martes 14 será O Bodegón, con:

Kiko Toja, especialista en Farmacia Hospitalaria no CHUS, investigador Rio Hortega, doutorando en Medicina Molecular, profesor asociado de Farmacoloxía e Fisioloxía na UVigo e coordinador do grupo español de atención farmacéutica en enfermidades neurolóxicas.

Patricia Seoane, licenciada en Bioloxía pola USC, máster en Neurociencia e doutora en Endocrinoloxía. Investigadora Postdoutoral Marie Sklodowska-Curie Global no Laboratorio Neurobesity/Centro de investigación singular en medicina molecular e enfermidades crónicas da USC.

Mentes únicas, solucións únicas

Francisco José (Kiko) Toja Camba (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela)
Exploraremos o emocionante mundo da medicina personalizada aplicada á saúde mental baixo o lema "Mentes Únicas, Solucións Únicas". Descubriremos como a personalización no ámbito da saúde mental vai máis aló da prescrición tradicional. Exploraremos casos de éxito, revelando como a adaptación da medicina á singularidade de cada individuo pode revolucionar a forma en que abordamos e tratamos os trastornos mentais. Tamén, falaremos sobre unha gran descoñecida, a Farmacia Hospitalaria. E como, moitas veces desde a sombra, é responsable de moitos casos de éxito.
...

A báscula no cerebro

Patricia Seoane Collazo (Universidade de Santiago de Compostela)
O cerebro é un regulador incriblemente eficiente do peso corporal. Miles de anos atrás, non perder peso era esencial para a supervivencia. Por iso, a medida que as condicións cambian, o cerebro regula a fame, a actividade e o metabolismo para manter o peso estable. Pero, ¿que sabemos do funcionamento deste sistema e que ocorre cando falla?
...
Map data © OpenStreetMap contributors.