© Pint of Science, 2024. All rights reserved.
Na última xornada converxe a unión de enfoques que abrazan o saber polo noso pasado e o respecto para crear un mundo inclusivo e acolledor. Únete a esta xornada do saber!
HUMANIZATRICs, con perspectiva de género
María José Vázquez Figueiredo
(Uvigo)
Partimos da cuestión pode a pornografía nas redes influír nas relacións e interacción sexuais? O acceso á pornografía nas redes sociais afecta o procesamento da información, en tanto que inflúe implicitamente na nosa preferencia e tamén nas decisións que tomamos, trasladando-sen filtros o aprendido no contexto virtual ao presencial. Ante esta situación preguntámonos: é suficiente con poñer filtros de seguridade? O reto que nos expoñen as TRICS é educativo e non só de control. En resposta a esta necesidade xorde o proxecto HUMANIZATRICS.
Como na casa, en ningún sitio!
Celtia Rodríguez González
(CISPAC-USC)
Descobre como a arqueoloxía medieval revela segredos da vida do rural! A proposta que che presentamos ten como obxectivo compartir investigacións sobre as sociedades rurais a través da arqueoloxía. Exploraremos a vida cotiá, as relacións entre as persoas do pasado e como era paisaxe durante a transición á Alta Idade Media. Estes estudos, realizados en lugares como Santomé e O Castelo (Ourense), permítennos imaxinar como era a vida no pasado. Desta maneira, a partir da arqueoloxía de xénero, destacaremos a importancia do cotiá e faremos visíbeis a todas as persoas do rural que viviron entre os séculos IV-VI d.C.. Acompáñanos nesta viaxe ao pasado para descubrir quen eramos!
Map data © OpenStreetMap contributors.
otros eventos Café & Pop Torgal
2024-05-13
Unha viaxe a través do tempo e a sociedade
Café & Pop Torgal
Calle Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20, Sótano 32004, Ourense, España