otros eventos Carballo

Arquitectura e saúde

lun 19 may Apertura de puertas: 19:00:00
evento desde las 19:30:00 a las 09:00:00
Cafetería Pazo da Cultura, Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n
15100, Carballo
Primeira xornada do Pint of Science 2025.

Dúas mulleres falando de saúde: unha investiga sobre subproductos industriais que non sexan daninos ao corpo e outra falará de como a arquitectura hospitalaria inflúe na saúde das persoas enfermas.

Biohackeando o Futuro: menos químicos, máis saúde.

Xanel Vecino Bello (Profesora e investigadora Ramón y Cajal no departamento de Enxeñaría Química da UVIGO)
Non só medrou a preocupación social polo medio ambiente, senón que, cada vez máis, as persoas demandamos produtos máis biodegradables e biocompatibles. Neste sentido podémonos preguntar: Que produtos cotiáns empregamos no noso día a día? Que compostos químicos teñen? Que efecto producen no noso corpo? Os surfactantes químicos están presentes en moitos deles, pero a investigación busca ingredientes naturais que presenten beneficios iguais, mellores ou adicionais en comparación cos de base química.
...

Arquitectura e cancro: como inflúe no noso benestar.

Nerea López Bolón (Arquitecta)
Un hospital recibe diariamente a persoas enfermas, preocupadas, estresadas... Persoas que de xeito repentino vénse forzadas a saír da súa cotiandade e advertir a fraxilidade da vida. A arquitectura sanitaria foi pensada e proxectada para curar, do xeito máis eficiente, ao paciente; pero non para coidalo. A funcionalidade prima sobre o deseño e os números sobre as emocións. Espazos pouco iluminados, asépticos e con recorridos infinitos crean unha atmosfera deshumanizada e pouco alentadora. Factores que inflúen negativamente no noso camiño de lidiar cunha enfermidade como pode ser o cancro.

...
Map data © OpenStreetMap contributors.