otros eventos LUGO - Palas de Rei

Leite, algoritmos e mulleres no rural no Km 66

Eventos pasados - 2026
mié 20 may Apertura de puertas: 19:00:00
evento desde las 19:30:00 a las 21:00:00
Km 66, Rúa do Cruceiro, 11
27200, LUGO - Palas de Rei
Pechamos a 1ª edición de Pint of Science en Palas de Rei no Km 66 cunha mirada á sociedade: as historias do leite e do rural en feminino, o impacto dos algoritmos e da desinformación na democracia, e os retos de vivir e construír futuro no rural hoxe. Un peche para pensar, debatir e, xa que estamos, comprobar que o mundo non é tan sinxelo como nos gustaría. A partir das 19:30 h no Km 66!

CALLEIRA. As xenealoxías do leite

Marta Veiga Izaguirre (Universidade de Santiago de Compostela)
CALLEIRA é o acrónimo de CAdea Luguesa do LEite e Informacións Rurais Adxacentes. Este proxecto de investigación liderado desde a facultade de Humanidades da USC en Lugo ten como obxectivo levar á tona as memorias e os relatos das mulleres sobre os procesos de tratamento, conservación, comercialización e consumo do leite e os seus derivados en catro puntos da provincia de Lugo: Chantada, Guitiriz, Palas de Rei e O Páramo.
...

Democracia, (des)información e algoritmos

Carlos Toural Bran (Universidade de Santiago de Compostela)
Esta charla explora como a intelixencia artificial (IA) non só amplifica os problemas tradicionais da desinformación, senón que tamén transforma a forma en que as sociedades constrúen a verdade, a confianza e a participación democrática. Abórdase como os algoritmos median o fluxo de información, como se xeran as burbullas de opinión e que papel xoga a alfabetización mediática na loita contra a chamada "sobrecarga de información".
...

Rachar balados para reinventar o rural en feminino

Mar Pérez Fra (Universidade de Santiago de Compostela)
Que papel xogan hoxe as mulleres do rural? Que imaxe constrúe a sociedade sobre elas? As mulleres son clave para entender o presente e o futuro destes territorios, mais a emigración feminina continúa debilitando demograficamente e socialmente o rural. Nesta charla abordaremos por que marchan, que factores fan que estes espazos non resulten atractivos e que consecuencias ten esta saída constante. Tamén reflexionaremos sobre os cambios necesarios para que o rural sexa un lugar onde poidan desenvolver proxectos de vida en igualdade.
...
Map data © OpenStreetMap contributors.