© Pint of Science, 2025. All rights reserved.
Nesta sesión abordaremos novas realidades que son patentes no noso día a día. Impresión 3D, realidade virtual, intelixencia artificial... hoxe xa son termos de uso cotiá. Nas dúas charlas trataremos a posibilidade de empregar tecnoloxía 3D para aplicala a saúde podolóxica e enfrontaremos tamén a problemática que supón o monopolio dos grandes xigantes como OpenAI ou Google na proliferación destas novas ferramentas.
Poñer un axóuxere á IA
David Vilela Freire
(Valory AG)
Estamos presenciando a carreira espacial do século XXI: unha recrudecida batalla por dominar os modelos de IA. Pero… podemos confiar no bo facer dos xigantes do sector privado como OpenAI ou Google, que poden impoñer os seus intereses e valores? Nesta viaxe exploraremos a intersección entre os sistemas autónomos e as tecnoloxías blockchain, que permiten crear redes descentralizadas de axentes intelixentes que cooperan entre si. Veremos como este enxames de IAs ofrecen unha alternativa máis democrática, transparente e segura ao problema da gobernabilidade da IA.
Moldes virtuais, pasos reais: plantillas 3D
Manuel Romero Soto
(Facultade de Enfermaría e Podoloxía (UDC))
No coloquio sobre o futuro da impresión en plantillas 3D, exploraranse diversas perspectivas sobre como esta tecnoloxía transformará a industria do calzado e a saúde podolóxica. O coloquio servirá como plataforma para intercambiar ideas e visións sobre de que maneira impresión de plantillas 3D continuará evolucionando e moldeando o noso futuro.
Map data © OpenStreetMap contributors.