© Pint of Science, 2025. All rights reserved.
Rexouba cuántica: gárdame o segredo!
Manuel Gundín Martínez
(Investigador posdoutoral no Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO)
Practicamente dende que o ser humano comezou a escribir, usou códigos para protexer as súas mensaxes. E dende que existen os códigos, hai quen se lanza ao desafío de intentar rompelos. A seguridade das cifraxes determinou o destino de monarcas e imperios ao longo da historia. Nesta charla, invítovos a descubrir os principios da criptografía e os seus vínculos coas matemáticas, a historia e a linguaxe. Volverémonos detectives para descifrar unha mensaxe secreta, e investigaremos como usar os principios da física para crear a cifraxe definitiva. É posible crear unha cifraxe imposible de romper?

De Píllaras e cans...
María Vidal Malde
(Doutora en Bioloxía e Técnico Superior de Investigación do Departamento do Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da USC)
Falemos de Píllaras e cans, as incómodas verdades na conservación da biodiversidade. Presentamos á Píllara das dunas, unha ave bandeira do noso sistema litoral que afronta unha grave situación de declive a nivel europeo. Falaremos dunha das principais ameazas que afronta na actualidade e está a comprometer o seu fráxil estado de conservación, a presenta dos cans nas praias. Explicaremos, con datos científicos, cal é a verdadeira relación entre píllaras e cans.

Map data © OpenStreetMap contributors.