© Pint of Science, 2026. All rights reserved.
Nesta primeira xornada de Pint of Science 2026 a ciencia sae do laboratorio para achegarse ao público nun ambiente distendido. No ano do debut do festival en Boiro celebramos a xornada inaugural na Gilligams. Felipe González Outeiriño falarannos do "Impacto de Tradescantia Fluminensis nas ribeiras" e Isabel Rebollido Vázquez levaránnos ó espacio exterior ca sua ponencia "Da orixe da auga e porqué 3I/ATLAS é unha pedra".
Impacto de Tradescantia Fluminensis nas ribeiras
Felipe González Outeiriño
(Universidade de Santiago de Compostela)
A planta invasora Tradescantia fluminensis é unha das máis espalladas polos ecosistemas de ribeira galegos. Os seus impactos sobre a vexetación, os invertebrados e o solo son descoñecidos para a meirande parte da poboación e da comunidade científica.
Por KENPEI - KENPEI's photo, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=1265823
Da orixe da auga e porqué 3I/ATLAS é unha pedra
Isabel Rebollido Vázquez
(Agencia Espacial Europea)
Aínda que non coñecemos a Terra dende fai moito, temos unha idea bastante clara de cómo foi a súa orixe. Aínda vemos cicatrices de enormes colisións, coma a que acabou cos dinosaurios, ou as que podemos observar na Lúa. Os obxectos interestelares que atopamos recentemente no sistema solar, coma 3I/ATLAS, están íntimamente relacionados con estas colisións, e poden ter a clave das características que permiten a vida no noso planeta hoxe en día
Map data © OpenStreetMap contributors.